Co fin de dar a coñecer a nosa raza ovina galega, Antonio Díaz cociñeiro do Andarubel Fragas Do Eume. presenta as I Xornadas Gastronómicas do cordeiro da raza Ovella Galega.“cordeiro ao forno”, “chuletillas”, “paletilla braseada”, e outras elaboracións, para homenaxear a nosa raza. Cordeiros da raza Ovella galega en ecolóxico, da explotación SAT Torre de Arcos. As xornadas celebraranse dende o venres 25 de xullo ás 13:00 ata o día 3 de agosto ás 16:00h.
Esta fin de semana celébrase en Monforte o mercado mundo ovo, e a raza de Mos estará representada a través de un criador monfortino de Galiña de Mos, Ramón Vázquez que presentará entre outros produtos, ovos e pitos da raza. Ademáis fará publicidade sobre a propia raza e os produtos cárnicos mais demandados, o Galo e a Pularda raza Mos.
A feira abrirá ao público o sábado 19 (de 11 a 14:30 h e de 18:00 a 21:00 h) e domingo 20 (de 11:00 a 14:30 h). O lugar A Praza de Abastos, na rúa Bailén (http://www.monfortedelemos.es/mercados/contenidos.asp?id=16 )
Este fin de semana con motivo da celebración de la Feira Franca Medieval de Betanzos (A Coruña), novamente Antonio cociñeiro del Restaurante Andarubel en las Fragas do Eume ofrecerá a posibilidade de probar as HAMBURGUESAS DE VACA CACHENA "GALIBURGUER" e MEJILLÓNES AL VAPOR. a partir de hoxe Venres ás 20:30 h e ata o domingo. Será en la "Cervecería Betanzos" ( C/ Fuente de Unta, nº 26, 15300 Betanzos, A Coruña)
Dende hoxe venres ata o domingo 6, poderase degustar no Feirón medieval dos Andrade en Pontedeume BURGUER DE TENREIRA CACHENA , BOLOS PREÑADOS E LISCOS. O posto está preparado por Asociación de Veciños da Nogueirosa Parroquia e Xente de aquí e de acolá.
Ademais durante estes tres días haberá numerosas actividades. Merece a pena achegarse e probar a carne de Cachena. Máis información en https://www.facebook.com/andarubel.fragasdoeume y en http://www.feironmedievaldosandrade.com/
GANADO DE LEMOS COLOCARÁ A SÚA CARNE VIANESA NO XAPÓN E ALEMAÑA. Esta noticia publicada por El PROGRESO de 24 de xuño, non nos pilla por sorpresa. Nesta explotación levan dende case os seus inicios ...
Fai uns días rematou a Feira Internacional de Galicia-Semana Verde 2014. Foron uns días cheos de actividades e promoción das razas autóctonas galegas en perigo de extinción. Queremos felicitar a todolos gandeiros que quixeron participar ...
No pavillón número 1 do recinto feiral, celebrouse o Salón da Alimentación do Atlántico – SALIMAT, onde houbo 11 produtores das razas Cachena, Caldelá, Ovella Galega e Galiña de Mos que participaron no espazo para as razas autóctonas denominado "De Nós para Vós", con exposición e venda dos produtos de raza e presentación das marcas dos criadores.
No seguinte enlace STANDS EXPOSITORES DE NOS PARA VOS- SALIMAT 2014, hai un documento gráfico sobre a exposición e venda dos criadores e a participación activa nos catro días de feira.