O sábado 7 de xuño de 2014, celebrarase a I festa gastronómica da carne de tenreira Cachena no campo da festa de Pazos de Monte-Vilamarín (Ourense). O evento está organizado pola comisión de festas de Pazos en colaboración coa Asociación Agrogandeira “Delvezón” e o menú, elaborado por “Malé”, consistirá de empanada de carne, carne ó caldeiro e carne richada todo de raza Cachena, pan, viño e postre caseiro.
Estase a celebrar a Feira de artesanía e produtos do campo na praza Agro do Rolo, no barrio da Milagrosa en Lugo. O criador Jorgue Anguez, de Triacastela de “Cachenas de San Breixo”, está cunha carpa promocionando a súa explotación e mais facendo promoción das razas autóctonas e dos seus produtos. A feira comenzou o venres 23 e poderase visitar ata mañá, domingo 25 de maio.
O restaurante-pulpería Aurora do Carballiño, en Lugo, celebra unhas Xornadas do Galo da nosa raza. O restaurante está ao carón da Estación de autobuses de Lugo. As aves son proporcionadas pola granxa artesá Chousa do Lea e as xornadas estanse a celebrar entre o 12 e o 25 de maio.
Mais información en Galiña de Mos.
Dende o 16 de maio ata o 8 de xuño, celebraranse unhas novas XORNADAS GASTRONÓMICAS DA PALETILLA E DA PERNA DE CORDEIRO DE OVELLA GALEGA no restaurante Río Lea (Castro de Ribeiras de Lea-Castro de Rei, Lugo). O menú consistirá en albóndigas de cordeiro con puré de patacas da Chaira de primeiro plato e perna e paletilla de segundo. Sobremesa de tiramisú e viño da D.O. Ribeira Sacra “Valcar”.
As xornadas están organizadas pola gandería de produción ecolóxica SAT Torre, de Arcos (Outeiro de Rei) de onde provén a carne. Colabora a Asociación de Criadores de Raza Ovella Galega-ASOVEGA.
Os teléfonos de contacto do restaurante Río Lea son 982310657 e 982310658
30.04.2014. Mañá día 1 de maio celebrarase en Muimenta (Cospeito, Lugo) a tradicional Festa da Filloa, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.
Este evento sempre vai acompañado dunha serie de actividades entre as que se atopa unha exposición de razas autóctonas, de xeito que os visitantes poderán, ademais de degustar as tradicionais filloas, contemplar exemplares das razas Ovella Galega e Galiña de Mos propiedade dos criadores da provincia de Lugo, José Barreira Alonso (Muimenta) e Luis Fernández Fernández (Riotorto)
30.04.2014. Este domingo 4 de maio celebrarase a XI edición da Festa da Empanada de Forquellas e Cachena da Serra do Quinxo, que organiza o Concello de Entrimo en colaboración con BOAGA e CACHEGA, que terá lugar no pavillón polideportivo de Entrimo (Ourense) preparado para un aforo de 800 comensais. A comida comezará a partir das dúas do mediodía e os asistentes poderán degustar un menú composto por empanada de maíz, carne cocida de Cachena, pan, viño e sobremesa. O prezo da ración será de 12 euros por persoa.
Con motivo da celebración da Feira Internacional Semana Verde de Galicia, no recinto feiral de Silleda, Pontevedra entre o 12 e o 15 de xuño, celebrarase o 1º Campionato Galego da raza Galiña de Mos. ...
Os documentos que se anexan a continuación non teñen carácter legal senón informativo, e o seu obxecto é contribuir a respostar ás preguntas mais frecuentes que adoitan formularse en relación coas novas axudas directas da PAC que serán de aplicación a partires de 2015. Así mesmo infórmase no segundo documento sobre os efectos que terán no ano 2015, as cesións de dereitos de pago único que se realicen en 2014.
Os documentos pódense descargar nos pdf adxuntos e a través da páxina web de FEDERAPES www.federapes.com
PREGUNTAS FRECUENTES SOBRE A PAC 2014-2010