2.05.2013. Este domingo 5 de maio celebrarase a X edición da Festa da Empanada de Forquellas e Cachena da Serra do Quinxo, que terá lugar no pavillón polideportivo de Entrimo (Ourense). A comida comezará a partir das dúas do mediodía e os asistentes poderán degustar un menú composto por empanada, carne cocida, pan, viño e sobremesa. O prezo da ración será de 12 euros por persoa.
29.04.2013. O próximo 1 de maio celebrarase en Muimenta (Cospeito, Lugo) a tradicional Festa da Filloa, declarada recentemente Festa de Interese Turístico de Galicia. Este evento sempre vai acompañado dunha serie de actividades entre as que este ano queremos destacar unha exposición de razas autóctonas, de xeito que os visitantes poderán, ademais de degustar as tradicionais filloas, contemplar exemplares das razas Ovella galega, Cabra Galega e Galiña de Mos propiedade de distintos criadores da comarca.
O receitario Cociñando coas razas autóctonas, gañador dun dos Gourmand World Cookbook Awards de 2012 cos que se distingue a produción editorial gastronómica, xa se pode mercar desde esta semana na Libraría Pedreira de Santiago ...
17.04.2013. A prevención de riscos laborais no sector agrogandeiro e forestal galego será unha das novidades que ofrece este ano Previsel, o oitavo Salón da Prevención e Seguridade Laboral que se celebra en Expourense os días 25 e 26 de abril.
12.04.2013. A Asociación de Empresarios de Turismo do Eume (Tureume), en colaboración coa Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga, porá en marcha o próximo venres 12 de abril unha nova edición das Xornadas Gastronómicas da ...
8.11.2013. O pasado 23 de marzo, o establecemento de turismo rural Casa da Roxa (www.casadaroxa.com), situada en Vilaronte, Foz (Lugo) organizou unhas xornadas gastronómicas que tiveron como protagonista a Ovella Galega. Nestas xornadas os asistentes puideron degustar un menú no que o plato principal foi o cordeiro leitón de Ovella Galega con ensalada e patacas.
3.04.2013. O 6 de abril celebrarase na praza da Vila de Sarria (Lugo) a Feira da Sala e Produtos da Comarca. Este evento, organizado polo GDR 6–Asociación Os Sete Castros, contará coa presenza da raza Cachena a través da gandería Cachenas de San Breixo. Este criador acudirá á feira cun stand no que, ademais de presentar a súa gandería, realizará unha degustación de carne de cachena da súa explotación.
Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo, que se celebra en Ourense do 6 ao 10 de marzo, é unha feira que alcanza a súa décimo cuarta edición e que transforma o recinto de Expourense nun gran centro de restauración. En 12.000 metros cadrados cubertos recréase unha vintena de restaurantes con todos os detalles e servizos. O obxectivo é dobre: exaltar as materias primas coas que se elaboran os menús e fomentar a calidade e a prestación do servizo.