O mércores 11 de decembro de 2013, ás 16:30h, celebrarase no restaurante Roma en Sarria, unha Masterclass de Cociña Autóctona con carne de Raza Cachena entre outros. A Masterclass de cociña autóctona na que se pode participar, está enfocada a dar a coñecer un menú elaborado con moi bos produtos autóctonos da provincia de Lugo, produtos da horta, da tenreira de raza Cachena e da carne de Porco Celta.
Vicente Fontal Vázquez é o chef do Restaurante Roma e a persoa que dirixirá a Masterclass.
Entre os pratos elaborados con Cachena, poderase degustar “Costillar de Buey Auténtico Cacheno de San Breixo Estofado”, “Lomo de vaca vieja Cachena de San Breixo a la Parrilla” ou “Picaña de Ternera Cachena de San Breixo a la Brasa”.
A carne de raza Cachena procede de “Cachenas de San Breixo” de Triacastela (Lugo), unha das empresas que colabora co desenrolo da Masterclass
máis información en Masterclass de cociña