Este ano a Feira acolle os CONCURSOS MORFOLÓXICOS DA RAZA VIANESA (2º edición) e DA RAZA CACHENA (3ª edición). Tentamos con eles dar a coñecer, cada día mellor, as características típicas e propias de cada unha das razas incluso ao público alleo ao sector.
A Cachena e a Vianesa son, na actualidade, das nosas vacas autóctonas en perigo de extinción, as razas máis representativas en canto a número de cabezas. Contando a raza Cachena cun censo total de 4764 animais rexistrados e repartidos en 165 explotacións e a Vianesa con 2486 exemplares inscritos no Libro xenealóxico pertencentes a 78 criadores.
Como curiosidade, existen explotacións rexistradas fora de Galicia: en Cáceres e Asturias de raza Cachena e de raza Vianesa en Palencia.
Gustaríanos contar con a súa presenza e que disfruten da feira.