Os días 2, 3 y 4 de agosto, na nave de redes do porto de Burela, vaise celebrar unha nova edición da Feira dos Produtos Artesanais e Ecolóxicos- PRODUART 2013. Nesta edición poderán vostedes adquirir carne de raza Cachena procedente de unha explotación de Triacastela, Lugo. Un dos nosos criadores: “Cachenas de San Breixo” estará, dende o venres por a tarde ata o domingo, xunto con máis de medio cento de produtores, artesáns e comerciantes tentando achegar o seu produto ao consumidor final.
Coincidindo un ano mais coa 28ª edición da Feira do Bonito na vila, resulta unha moi boa alternativa para esta fin de semana.