O sábado día 19 de abril de 2014, celébrase a “V Feira de Artesanía e Produtos da Zona” en Triacastela-Lugo. A partires das 10 da mañá na Praza do Consistorio, poderanse visitar os postos cos productos galegos, no que participan criadores das razas representadas nas asociacións pertencentes a BOAGA.
Ganadería Gayo (José Gayo), cun posto de productos cárnicos da raza Vianesa, Roberto Raposo Díaz con exposición de animais vivos da raza Galiña de Mos, e Cachenas de San Breixo (Jordi Ánguez) criador da raza Cachena e da Galiña de Mos e con promoción da súa ganadería e mais venda de peluches da Galiña de Mos e da Ovella Galega e do libro “Cociñando Coas Razas Autóctonas”.
A Feira está organizada polo Concello de Triacastela, a Asociación de Mulleres Rurais “Tres Castros”, e a Asociación de Artesanas do Tear “Artelar”.