O libro “Cociñando coas razas autóctonas estará presente no Forum Gastronómico 2014, que este ano se celebra do 23 ao 25 de febreiro na cidade da Coruña.
O Martes día 25, ás 11:00 horas na aula servino, Rocío Garrido Caramés fará a presentación do libro no Forum e cociñará un dos pratos publicados no mesmo.
Previamente, o Domingo 23 ás 18:00 h na aula servino, Rocío tamén participará xunto co cociñeiro Miguel Mosteiro preparando Solomillo de ternera Cachena marinada con “auga mareira” .
Para os que estean interesados en participar nestas actividades, deben facelo dende o seguinte enlace do club servino:
http://www.servino.net/2014/02/18/nuevas-actividades-del-club-servino-en-el-forum/
Mais información en:
http://www.forumcoruna.com/
http://cocinademiabuelo.blogspot.com.es/2014/02/cocinando-coas-razas-autoctonas-y-el.html?m=1
http://www.forumcoruna.com/images/revista_forum_coruna_%202014%20baja.pdf