A Comisión Europea ven de poñer en marcha unha consulta sobre o papel da agricultura familiar, co fin de analizar os retos e as prioridades para o futuro, cara este tipo de agricultura. A agricultura ...
Na fotografía podemos ver aos criadores Rebeca Yáñez e Miguel Angel Pernas xunto a Teresa de Restaurante La Marina. (Porto de Bares-Mañón, A Coruña). A aposta que fixo o Restaurante ao introducir carne de raza ...
As carnes da Galiña de Mos e da Ovella Galega serán protagonistas durante a Vuelta Ciclista a España un ano máis, grazas á Asociación de empresarios da hostelería de Lugo, que en colaboración coa Xunta ...
A partir do vindeiro 10 de agosto, a prestixiosa Ganadería Tras do Río (Ortigueira, A Coruña) proverá ao restaurante La Marina (Porto de Bares, Mañón, A Coruña) de carne de vacún de exemplares de raza ...
Os días 2, 3 y 4 de agosto, na nave de redes do porto de Burela, vaise celebrar unha nova edición da Feira dos Produtos Artesanais e Ecolóxicos- PRODUART 2013. Nesta edición poderán vostedes adquirir ...
29.07.2013. Este xoves 1 de agosto, ás 18.30 horas, Rocío Garrido Caramés, acompañada por membros do equipo técnico da Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Baoga presentará o seu libro de receitas Cociñando coas razas autóctonas na 42ª edición da Feira do Libro da Coruña, que terá lugar nos xardíns Méndez Núñez da cidade herculina e que se extenderá desde o día 1 ata o próximo 11 de agosto.
Hoxe día 24 de xullo de 2013, publicouse no BOE , o Real Decreto 505/2013, de 28 de junio, por el que se regula el uso del logotipo “raza autóctona” en los productos de origen animal.
Este logotipo ten carácter voluntario, poderán utilizalo as asociacións de criadores de animais de razas autóctonas oficialmente recoñecidas e que o soliciten (condicións no anexo II), é compatible con outros etiquetados facultativos (según condicións art 4 do RD 505/2013).
As características así coma os contidos mínimos para redactar o prego de condicións de utilización do logotipo están recollidos nos anexos I e II do Real Decreto.
Descargar PDF Real Decreto 505/2013
18.07.2013 TapiRazas, o restaurante de tapas con razas autóctonas, tivo moi boa acollida polos presentes no SALIMAT 2013, que se celebrou coincidindo coa Semana Verde 2013 de Silleda. Despois dun mes da celebración do evento, o balance foi moi positivo, xa que ademais de servir arredor de 600 menús, servíu de prataforma para o coñecemento e disfrute da carne e os produtos das razas autóctonas, por moitos ata entonces descoñecidos.