Por segundo ano consecutivo CABANA conseguía o 1º PREMIO con 83 puntos. Ésta femia chegada dende a explotación de ANA Y ALEJANDRO,SC de Neipín. A Pontenova; volvía a facerse co galardón nesta nova edición do concurso. ...
O mércores 6 de mayo impartiuse una xornada sobre “Bosques Sostenibles y Gastronomía Gallega. PEFC, garantía de trazabilidad de los productos del bosque”, na Escola Superior de Hostelería de Galicia en Santiago de Compostela. O encontro foi dirixido a propietarios e xestores forestais, produtores, chefs e outras entidades da cadena de valor dos produtos silvestres procedentes dos bosques (setas, castañas, gando, mel….).
Do 19 ao 21 de febreiro de 2015, celébrase Cimag-GandAgro 2015, unha feira profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, no que haberá xornadas técnicas, concursos e exposicións.
BOAGA xunto coas asociacións integradas, participarán con exposición e representación de exemplares vivos das 8 razas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega, Galiña de Mos e Cabra Galega. Tamén estaremos cun stand para información e asesoramento dos visitantes e mais con venda do libro de cociña “Cociñando coas razas autóctonas” e dos peluches da Ovella Galega e da Galiña de Mos.
Temos entradas/invitación a disposición de todos os socios pertencentes as asociacións de BOAGA, polo que si están interesados en asistir deben poñense en contacto chamando previamente ao tef 988205486 da Federación.
Máis información sobre a feira en www.cimag.gandagro.com e
https://es-es.facebook.com/cimag.gandagro
https://www.facebook.com/federacion.autoctonasgalegas
Mañá 11 de novembro, con motivo da Festa do San Martiño, celébrase en Teo , no lugar de Francos- Parroquia de Calo, a feira cabalar tradicional mais importante de Galicia, onde tamén participarán as nosas razas autóctonas. Exporán os criadores Roberto Louzán (Viascón-Cotobade) con exemplares de Frieiresa, Mercedes Alonso(Cotobade) con exemplares de Caldelá e Limiá, José Canda (Lalín) con exemplares de Cabra Galega e Marco Antonio Feijóo (Teo), con exemplares de Galiña de Mos.
Ademais de exposición de gando tamén haberá feira de artesáns e produtos ecolóxicos.
Vaise impartir cursos de Formación de PRIMEIROS AUXILIOS en 40 Concellos de toda Galicia. É unha formación específicamente orientada e dirixida para os EMPREGADOS ou DESEMPREGADOS do sector AGRICOLA, GANDEIRO E FORESTAL, e esta cofinanciada polo ISSGA e o Ministerio de Agricultura Alimentación y Medio Ambiente.
Para todo aquel que estea interesado pode descargar os documentos adxuntos de inscripción e carteis dos lugares e datas de impartición, nos seguintes enlaces:
Folla de inscripción dos cursos
Teléfono de información da entidade executora do proxecto formativo, HERCULES FORMACION S.L. : 881-91 59 62
Desde o link http://primeirosauxilios.herculesformacion.com/, tamén hai mais información sobre estes cursos.
Un ano mais, as razas autóctonas participarán nas actividades organizadas no EXPOLUGO 2014, con motivo das festas de San Froilán os días 4 e 5 de outubro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo (Recinto Feiral o Palomar s/n, Lugo, ao carón da estrada Nacional VI).
Celebraranse as seguintes actividades organizadas polas asociacións pertencentes a BOAGA, nas que participan criadores da provincia de Lugo con razas autóctonas, e en colaboración coa Fundación Feiras e Exposicións de Lugo e a Deputación Provincial de Lugo:
O horario de apertura ao público será de 11 da mañá a 9 da noite ininterrompido.
Ademais O sábado día 4, ás 11 da mañá, haberá polo centro de Lugo, un desfile de gando autóctono onde tamén participarán exemplares de Galiña de Mos e mais de Ovella Galega.
Dende hoxe venres ata o domingo 6, poderase degustar no Feirón medieval dos Andrade en Pontedeume BURGUER DE TENREIRA CACHENA , BOLOS PREÑADOS E LISCOS. O posto está preparado por Asociación de Veciños da Nogueirosa Parroquia e Xente de aquí e de acolá.
Ademais durante estes tres días haberá numerosas actividades. Merece a pena achegarse e probar a carne de Cachena. Máis información en https://www.facebook.com/andarubel.fragasdoeume y en http://www.feironmedievaldosandrade.com/
1º PREMIO para TINA da gandería ANA Y ALEJANDRO, SC de A PONTENOVA. LUGO O 2º PREMIO acadouno CEBOLEIRA do criador JUAN MANUEL LAGE CID de MACEDA. OURENSE E 3º PREMIO para CORSA da gandería ...