A FRIEIRESA E A CALDELÁ PODERANSE DEGUSTAR NA “V FESTA GASTRONÓMICA DO BECERRO ECOLÓXICO AO ESPETO DE VIASCÓN”

27 de maio 2018. Viascón-Cerdedo (Cotobade)
uploads/9/news/becerro-ecoloxico-al-espeto-viascon.png

O próximo domingo 27 de maio, non podemos deixar de achegarnos ata Viascón en Cerdedo, pertencente ao concello de Cotobade, para poder desfrutar duns becerros das razas Frieiresa e Caldelá, procedentes da explotación de Roberto Louzán Alonso que é operador autorizado para o logotipo 100% raza autóctona Frieiresa e Caldelá, e que tamén traballan en ecolóxico.

A carne prepararase ao espeto, coma en ocasións anteriores.


|
| © Boaga 2024