O 15 de agosto, o lugar escollido para a exposición de gando das distintas razas autóctonas de Galicia que se celebrou con motivo da Feira Medieval de Maceda, foi a carballeira que rodea o Castelo de Maceda na provincia de Ourense. Alí puidéronse ver exemplares das razas Caldelá, Limiá, Vianesa, Ovella Galega e Cabra Galega.
As explotacións de razas autóctonas participantes neste concello, foron as de Escuadro SC. de José Manuel González Lamelas (coas razas Ovella Galega, Vianesa e Cabalo de Pura Raza Galega), Pilar Martínez Peña (con exemplares da raza Limiá), Visitación Cid Fariñas (raza Cabra Galega), Miguel Gómez García (con exemplares da raza Vianesa), e con exemplares da raza Caldelá participaron as ganderías de Javier Blanco González, José González Carballo e José Manuel Lage Cid (Gandería Juan M Lage).
Esta Carballeira convérteuse nun escaparate destas razas e nun espazo moi agradable, onde a todos os visitantes que se achegaron, se lles facilitou información sobre as nosas razas e os seus produtos. Noraboa a todos!