Mañá 11 de novembro, con motivo da Festa do San Martiño, celébrase en Teo, no lugar de Francos- Parroquia de Calo, a feira cabalar tradicional mais importante de Galicia, onde tamén participarán as nosas razas autóctonas. Exporán os criadores Roberto Louzán (Viascón-Cotobade) con exemplares de Frieiresa, Mercedes Alonso(Cotobade) con exemplares de Caldelá e Limiá, José Canda (Lalín) con exemplares de Cabra Galega e Marco Antonio Feijóo (Teo), con exemplares de Galiña de Mos.
Ademais de exposición de gando tamén haberá feira de artesáns e produtos ecolóxicos.