Fai uns días rematou a Feira Internacional de Galicia-Semana Verde 2014. Foron uns días cheos de actividades e promoción das razas autóctonas galegas en perigo de extinción. Queremos felicitar a todolos gandeiros que quixeron participar tanto nos concursos coma en exposición de animais das razas Cachena, Caldelá, Limiá, Frieiresa, Vianesa, Ovella Galega, Cabra Galega e Galiña de Mos.
Ademáis da exposición celebráronse distintos concursos morfolóxicos das razas Cachena, Caldelá, Vianesa e da Galiña de Mos. Os resultados foron os seguintes:
I CONCURSO MORFOLÓXICO RAZA CALDELÁ
1º PREMIO para TINA da gandería ANA Y ALEJANDRO, SC de A PONTENOVA. LUGO
2º PREMIO acadouno CEBOLEIRA do criador JUAN MANUEL LAGE CID de MACEDA. OURENSE
3º PREMIO para CORSA da gandería de MARÍA MON MON en ABADÍN. LUGO
II CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA VIANESA
1º PREMIO para TINA de GANADO DE LEMOS, SL de Seteventos. O SAVIÑAO. LUGO
2º PREMIO para PERLA de GANDERÍA CIMADEVILA, SC en MONTEDERRAMO. OURENSE
3º PREMIO para QUINA tamen de GANADO DE LEMOS, SL.
III CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA CACHENA
1º PREMIO foi para ANUKET de JORDI ANGUEZ GRASES da súa gandería de Triacastela. LUGO como xa nos ten acostumados de outras edicións
2º PREMIO acadouno CANTERA da criadora MARÍA REBECA YÁÑEZ CANDAMIL de ORTIGUEIRA. A CORUÑA
3º PREMIO para unha femia de 2010 da explotación que CASA DO ALCALDE, SL ten en OUTEIRO DE REI. LUGO
O 1º Campionato Galego da raza Galiña de Mos-SEMANA VERDE 2014 estivo dividido no monográfico individual e no concurso por lotes. Os resultados nos que participaron 24 criadores das provincias de A Coruña, Lugo e Pontevedra foron os seguintes:
No VII CONCURSO MONOGRÁFICO DA GALIÑA DE MOS:
Na categoría de galos:
1º PREMIO: galo pertencente a José Zapata Sánchez, de Castro de Rei, Lugo.
2º PREMIO: galo pertencente a Luis Fernández Fernández, de Riotorto, Lugo.
3º PREMIO: galo pertencente a Mª José Castro Abonjo, de Vila de Cruces, Pontevedra.
Na categoría de galiñas:
1º PREMIO: galiña pertencente a Álvaro Rodríguez Rodríguez, de Mos, Pontevedra.
2º PREMIO: galiña pertencente a María Dolores López Ramos, da Estrada, Pontevedra.
3º PREMIO: galiña pertencente a Lourdes Mulet Abeledo, de Lalín, Pontevedra.
Na 3ª EXPOSICIÓN E CONCURSO POR LOTES DA GALIÑA DE MOS os resultados foron:
1ºPREMIO: lote pertencente a Mariña Grille Negreira, de Val do Dubra, A Coruña.
2º PREMIO: lote pertencente a Cruz Lucía Grille Negreira, de Tordoia, A Coruña.
3º PREMIO: lote pertencente a Luis Fernández Fernández, de Riotorto, Lugo.
A valoración por parte dos xuices tivo lugar a mañá do xoves día 12. Mentres que a entrega de premios tivo lugar o día de clausura da feira ás 19:00 horas.
Esperamos que en vindeiros certames, a xente participe coma nesta edición de Semana Verde 2014. Todo un éxito. Felicidades a todos.