AS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS E OS SEUS PRODUTOS PROTAGONISTAS NA FEIRA EXPOLUGO A RURAL 2016
Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. 8 e 9 de outubro 2016
Este fin de semana, e con motivo das festas de San Froilán, os días 8 e 9 de outubro vaise celebrar en Lugo outra edición da feira EXPOLUGO LA RURAL, sito no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo (Recinto Feiral o Palomar s/n, Lugo, ao carón da estrada Nacional VI).
Celebraranse as seguintes actividades organizadas por BOAGA, nas que participan criadores da provincia de Lugo con razas autóctonas:
-
IV Concurso-Exposición Monográfico Provincial da raza Galiña de Mos.
-
Exposición provincial das razas autóctonas bovinas galegas en perigo de extinción, Ovella Galega e Cabra Galega.
-
Mercado Alimentario de Razas Autóctonas, coa participación de criadores das razas autóctonas galegas promocionando os seus produtos procedentes de animais das súas explotacións.
-
VII Desfile de gando autóctono polo centro de Lugo, o sábado día 8 a partir das 11,30 do mediodía onde participarán exemplares das nosas razas. O percorrido será polo tramo peatonal de la ronda de la Muralla, praza da Constitución, Campo Castelo, praza Maior e Bispo Aguirre.
-
Degustacións gratuítas de carne de autóctonas: o sábado 8 a partir das 14:00 horas e o domingo 9 a partir das 13:00 horas, para todo aquel que se acerque á exposición, haberá desgustacións gratuitas de carne de razas Cachena, Vianesa, Galiña de Mos e Cabra Galega, organizadas pola federación BOAGA, Asoporcel (Asociación de criadores de ganado porcino celta), Fundación Feiras e Exposicións de Lugo e os criadores que participan na exposición do mercado alimentario de razas autóctonas.
O horario de apertura ao público será de 12 da mañá a 9 da noite ininterrompidamente os dous días.