No restaurante TapiRazas, propiedade da Federación de razas autóctonas de Galicia -BOAGA, fixemos degustacións de todas as nosas razas autóctonas. Os menús foron elaborados polo equipo do restaurante Andarubel- Fragas do Eume, de Pontedeume, capitaneados polo chef Antonio Díaz. O éxito foi tal que se agotou o produto previsto todos os días. O comentario resumo xeral era “está boísimo todo”.
Dende a Federación, BOAGA, queremos agradecer e felicitar a Antonio e ao seu equipo de profesionais, por querer colaborar con nos, sen eles o éxito non sería tal. Con bo produto, boa preparación, elaboración e presentación o éxito estivo garantido.
A continuación, pinchando en MENÚS TAPIRAZAS 2014, mostramos o documento gráfico de moitos dos pratos degustados e mais de distintos momentos nos 4 días que durou a feira.