AS RAZAS AUTÓCTONAS NA SEMANA VERDE 2023

8-11 XUÑO (SILLEDA - PONTEVEDRA)
uploads/9/news/semana-verde-silleda.png

SILLEDA-SALIMAT 2023- FEDERACIÓN DE RAZAS AUTÓCTONAS DE GALICIA- BOAGA

BOAGA xunto coas asociación integradas e os seus criadores participarán con diversas actividades na 45ª edición da FEIRA INTERNACIONAL ABANCA-SEMANA VERDE DE GALICIA e máis no 26º salón de alimentación do Atlántico- SEMANA VERDE DE GALICIA.

ACTIVIDADES CON ANIMAIS VIVOS

Neste ano 2023, as actividades que se realizarán no pavillón de gandería con razas autóctonas, son:

  • EXPOSICIÓNS E III CONCURSOS MORFOLÓXICOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS OVELLA GALEGA E DA CABRA GALEGA.

Participan mais de 20 exemplares de ovino e caprino e 5 ganaderías:

Terceiro concurso morfolóxico con exemplares maiores de 2 anos da raza autóctona Ovella Galega.

Terceiro concurso morfolóxico con exemplares maiores de 2 anos da raza autóctona Cabra Galega

 

  • 8º CAMPIONATO GALEGO DA RAZA GALIÑA DE MOS Este campeonato estará dividido en dous certames no que 25 criadores de Avimós poderán participar cos máis de 150 exemplares adultos en concurso por lotes ou en concurso individual:
  • 10ª exposición e concurso por lotes de Galiña de Mos-Semana Verde 2023, Os lotes estarán formados de 3 galiñas e 1 galo.
  • XIV Concurso Monográfico da Galiña de Mos, onde se exponen os mellores exemplares a nivel nacional.

 

  • EXPOSICIÓN E CONCURSOS MORFOLÓXICOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS BOVINAS GALEGAS.

Celebraranse 5 concursos morfolóxicos con exemplares adultos das nosas razas autóctonas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa. No que participarán ate 96 exemplares de vacuno, repartidos en 28 corraletas pertencentes a 16 criadores das 5 razas bovinas autóctonas galegas

  • X CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA CACHENA.

  • IX CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA VIANESA

  • VIII CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA CALDELÁ

  • VII CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA LIMIÁ

  • V CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA FRIEIRESA.

 

  • MERCADO DE AVES VIVAS: existirá un mercado de aves vivas montado un ano máis en colaboración coa Fundación Semana Verde de Galicia. Poranse á venda mais de 500 polos da raza Galiña de Mos no que participarán varios produtores da Asociación de Avicultores da raza Galiña de Mos-Avimós.

 

ENTREGA DE PREMIOS DOS CONCURSOS MONOGRÁFICOS RAZAS AUTÓCTONAS.

O domingo día 11 de xuño, no pabellón de gandería, farase a entrega de premios de tódolos concursos monográficos co seguinte horario:

  • Ás 19:00 entrega de premios dos concursos raza Porco Celta.

  • Ás 19:15 entrega de premios do III concurso raza Ovella Galega

  • Ás 19:20 entrega de premios do III concurso raza Cabra Galega

  • Ás 19:25 entrega de premios do X CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA CACHENA.

  • Ás 19:35 entrega de premios do VIII CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA CALDELÁ.

  • Ás 19:40 entrega de premios do V CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA FRIEIRESA.

  • Ás 19:45 entrega de premios do VII CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA LIMIÁ

  • Ás 19:50 entrega de premios do IX CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA VIANESA

  • Ás 20:00 entrega de premios do 8º CAMPIONATO GALEGO DA RAZA GALIÑA DE MOS

 

ACTIVIDADES EN SALIMAT (SALÓN DE ALIMENTACIÓN DO ATLÁNTICO)

 

COMERCIALIZACIÓN DA CARNE E PRODUTOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NO ESPAZO “DE NOS PARA VOS”.

Boaga e once criadores de razas autóctonas galegas pertencentes as asociacións integradas na Federación, presentarán en exposición e venda, a carne, ovos e os produtos derivados das razas autóctonas galegas en perigo de extinción a través de 13 stands, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galicia en Silleda, onde se celebra o SALIMAT 2023.

Este é o noveno ano no que os criadores participan coas súas marcas comerciais, unha oportunidade única de facer contactos e de promocionar estes produtos únicos, experiencia que repiten moitos deles. Dos produtos que se presentarán, hai carne e derivados cárnicos de vacún de Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, carne de cordeiro de Ovella Galega, así coma Polos, Galos, Pulardas, ovos e produtos elaborados de raza Galiña de Mos. Os produtores que participan este ano, preséntanse coas seguintes marcas individuais: “O AGRO - ROBERTO LOUZÁN”,,“GANADERÍA BALÍN”, “CACHENAS DE SAN BREIXO”, “GANDARÍA E CARNICERÍA LAGE”, “GANDERÍA TRAS DO RÍO”, “GRANXA CASTRO DE MADROSENDE, “AVES DO CONCELLO”, “CHURRAS DA CANEIRA-LOURDES MULET”, “MONTES DE BOADO-MANUEL TEIJEIRO CASTILLO”, “GRANXA AEIROA” e “GANDERÍA E CARNICERÍA MARIO NOGUEIRA”,

Ademáis estaremos con dous stands propios “BOAGA” e “TAPIRAZAS” onde se asesorará sobre as razas autóctonas, os produtos derivados, as actividades que se están a realizar, e onde estarán dispoñibles os tikets para o menú degustación de razas autóctonas do restaurante TapiRazas.

 

 

BOAGA EN COLABORACIÓN CO COCIÑEIRO ANTONIO DÍAZ DE AUTGA – AUTÓCTONAS, PRESENTAN NO SALIMAT UN MENÚ DEGUSTACIÓN CON RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NO TAPIRAZAS.

BOAGA presenta un ano máis TapiRazas, un restaurante de tapas con produtos das razas autóctonas galegas en perigo de extinción. Esta actividade ten por obxectivo promocionar as razas autóctonas galegas e os seus produtos, poñendo en valor as excelentes cualidades culinarias e sensoriais, diferenciándose como produtos únicos e de calidade, coa garantía e certificado do logo 100% raza autóctona.

Xunto con BOAGA e as asociacións de criadores de cada unha das razas pertencentes á Federación, participarán o cociñeiro Antonio Díaz Calvo (restaurante AUTGA - AUTÓCTONAS).

ANTONIO DÍAZ elaborará as tapas cos produtos das razas autóctonas galegas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega, Cabra Galega, Galiña de Mos Porco Celta e Poldro de Pura Raza Galega que se acompañarán de pan e bebida. O menú degustación con produtos de autóctonas consta de dezaseis tapas distintas, distribuídas en 4 tapas para cada día da feira, bebida e pan.

TapiRazas estará en funcionamento de xoves a domingo a partires das 13:00 h no pavillón 1, cun menú degustación por 15 € no que se inclue pan e consumición. A consumición extra custará 2€-

 


|
| © Boaga 2024