O martes, 2 de maio, asistimos á inauguración dun novo establecemento de comercialización de razas autóctonas galegas, esta vez en Ourense. Trátase da “CARNICERÍA LAGE QUINTANA S.C.”, negocio rexentado por Juan Manuel Lage Cid e Lucas Álvarez Quinta. Neste novo establecemento, sito na rúa Pena Trevinca nº 9 baixo, ofértanse produtos das razas autóctonas Caldelá e Vianesa de momento, pero a intención se todo vai ben, é ampliar a oferta de productos ó resto das razas autóctonas galegas.
Juan, produtor das razas Caldelá, Galiña de Mos e Cabra Galega, xa rexenta dende fai 4 anos outra carnicería sita en Foncuberta (Maceda), xunto coa súa muller Isabel Fernándes.
Nesta nova andadura, terán ademáis unha gran profesional a carniceira Carina, con gran experiencia.
Esperamos lles vai moi ben, como nos negocios e iniciativas anteriores. Parabéns!!!!