29.04.2013. O próximo 1 de maio celebrarase en Muimenta (Cospeito, Lugo) a tradicional Festa da Filloa, declarada recentemente Festa de Interese Turístico de Galicia.
Este evento sempre vai acompañado dunha serie de actividades entre as que este ano queremos destacar unha exposición de razas autóctonas, de xeito que os visitantes poderán, ademais de degustar as tradicionais filloas, contemplar exemplares das razas Ovella galega, Cabra Galega e Galiña de Mos propiedade de distintos criadores da comarca.