A CACHENA ENTROU NO PALMARÉS DO VII CONCURSO DE TAPAS DE LUGO

uploads/9/news/cachena_concurso_tapas.jpg

Lugo celebrou entre o 9 e o 25 de setembro de 2011 a sétima edición do seu concurso de tapas, no que competiron un total de 40 establecementos hostaleiros e onde a carne da raza Cachena obtivo un recoñecemento especial ao ser a base da tapa tradicional gañadora. A Taberna do España proclamouse vencedora cun xarrete de Cachena ecolóxica adubado no forno con verduras e viño da Ribeira Sacra e acompañado por unha salsa obtida de ligar viño, castañas e mazá salteada.

O xurado profesional estivo formado por cociñeiros e gastrónomos de renome, entre eles Roberto Wagner, representante do Centro Superior de Hostelería de Galicia; Xoan Cannas, sommelier do restaurante Pepe Vieira Camiño da Serpe galardoado co premio Nariz de Ouro 2004; Marcos Cerqueiro Rey, cociñeiro do restaurante Abastos 2.0 de Santiago de Compostela; Antonio Graña Vázquez, director do Parador de Ribadeo, e Manuel Gago Mariño, periodista e blogueiro especializado na gastronomía galega.

O certame, organizado polo Concello de Lugo en colaboración coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería, logrou un éxito de público e de vendas, con máis de 40.000 tapas servidas.


|
| © Boaga 2024