ESTIVEMOS NA INAUGURACIÓN DUN NOVO ESTABLECEMENTO CON PRODUTOS DE RAZA AUTÓCTONA EN OURENSE

02/05/2023.Ourense
uploads/9/news/6e15feed-9f47-4de3-9eb0-9e87a2761129.jpg

O martes, 2 de maio, asistimos á inauguración  dun novo establecemento de comercialización de razas autóctonas galegas, esta vez en Ourense. Trátase da “CARNICERÍA LAGE QUINTANA S.C.”, negocio rexentado por Juan Manuel Lage Cid e Lucas Álvarez Quinta. Neste novo establecemento, sito na rúa Pena Trevinca nº 9 baixo, ofértanse produtos das razas autóctonas Caldelá e Vianesa de momento, pero a intención se todo vai ben, é ampliar a oferta de productos ó resto das razas autóctonas galegas.

Juan, produtor das razas Caldelá, Galiña de Mos e Cabra Galega, xa rexenta dende fai 4 anos outra carnicería sita en Foncuberta (Maceda), xunto coa súa muller Isabel Fernándes.

Nesta nova andadura, terán ademáis unha gran profesional a carniceira Carina, con gran experiencia.

Esperamos lles vai moi ben, como nos negocios e iniciativas anteriores. Parabéns!!!!


|
| © Boaga 2024